COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA

 

 

 

MANIFESTO

 

INTEGRAN A COORDENADORA

 

A  tortura é una violación bárbara da dignidade
e dos direitos das persoas.
Non hai causa política, militar,
relixiosa ou outra que a xustifique”

 

Kofi ANNAN, Secretário Xeral da ONU

(26 de Xuño – Dia Internacional contra a tortura)



INICIATIVA POLO PROTOCOLO FACULTATIVO CONTRA A TORTURA DAS NACIÓNS
UNIDAS

 

Nas comisarias e prisións do Estado español continua existindo a tortura.

 

Esta realidade foi muitas veces denunciada por organismos internacionais, asociacións humanitárias, colectivos profisionais e grupos de apoio às persoas presas, asi como polas próprias vítimas e os seus familiares. Mais apesar de a Constituición Española e todo o Direito internacional proibir rotundamente a sua prática e apesar de o Governo negar a sua existéncia, esta realidade está certificada por sentenzas ditadas contra o Estado Español polo Tribunal Internacional de Direitos Humanos, polas recomendacións do Relator Especial das Nacións Unidas contra a Tortura, polos relatórios de Amnistia Internacional, de Human Rights Watch, do Torturaren Aurkako Taldea, da Association pour la Prévention de la Torture e de outras asociacións e colectivos que reclamamos, desde hai anos, medidas realmente efectivas para prevenir esta violación da dignidade e os direitos humanos, nos cárceres, nas comisarias, nos centros de retención de migrantes e nas ruas do Estado Español, onde as Forzas de Seguranza do Estado continuan praticando a tortura, os maus tratos e os abusos de poder.

 

A COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA nace con vocación de traballar para pór fin a esta situación.

 

Con o fin de atinxir este obxectivo, a COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA  inicia una campaña para que o Governo Español asine, ratifique e poña en marcha o Protocolo Facultativo (PF) Contra a Tortura aprovado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 18 de Decembro de 2002, un instrumento que entendemos estabelece mecanismos reais e eficaces para prevenir a prática da tortura e os tratamentos cruéis, desumanos ou degradantes en cárceres, comisarias,  centros de retención de migrantes, etc., ao abrir estes espazos ao controlo da sociedade civil.

 

A COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA velará por garantir a incorporación das asociacións de direitos humanos e liberdades públicas ao proceso de ratificación e execución do Protocolo, a sua efectiva posta en funcionamento e a independéncia das persoas que constituirán no futuro os Comités de visita e controlo.

 

O PROTOCOLO FACULTATIVO: UN MECANISMO NECESÁRIO

Os contributos mais importantes do PF das NNUU na luita contra a prática da tortura son dous: a énfase preventiva e a diversificación dos mecanismos de controlo social.  É aí precisamente que reside a sua necesidade: por unha parte permite à sociedade civil verificar a existéncia da tortura (até agora nengun instrumento internacional autorizava as visitas aos centros de detención, en calquer lugar do mundo, sen prévio aviso e sen necesidade de ter o consentimento das autoridades), pola outra, estabelece a obrigatoriedade de criar organismos estatais de controlo. Unha vez que o PF teña sido ratificado por un mínimo de 20 estados, o Comité das NNUU contra a Tortura deverá criar un Subcomité, cuxa función será precisamente realizar estas visitas, e os Estados terán a obrigación de estabelecer e dotar dos meios necesários un ou vários Comités que traballarán de maneira coordenada con o Subcomité internacional.

Os membros destes Comités poderán manter entrevistas –reservadas e sen testemuñas- con calquer persoa privada de liberdade e con outras persoas da sua eleición, tais como funcionários das equipas médicas e de seguranza ou familiares das persoas detidas. Terán aceso a todos os rexistos relativos a calquer persoa que estexa sob custódia do estado e direito a examinar as regras disciplinárias, o rexime de castigos e outros documentos de relevo. Poderán inspeccionar regularmente o conxunto das instalacións de detención e terán aceso a todas as dependéncias, incluindo dormitórios, comedores, cociñas, celas de isolamento, cuartos de baño, áreas de exercício físico e consultórios médicos.

 

Por isto, a COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA solicita:

 

-          Ao Governo do Estado español, que asine imediatamente o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura das NN.UU.

-          Ao Parlamento do Estado español, que ratifique à maior brevidade esta asinatura e lexisle as reformas necesárias para acabar con a prática da tortura, seguindo as recomendacións do Relator Especial das NNUU contra a Tortura.

-          À sociedade civil, que entenda a necesidade de pór fin à lacra da tortura e se comprometa con esta campaña, esixindo dos seus governantes a aplicación de medidas efectivas que garantan para todos e todas un tratamento humano e digno por parte das Forzas de Seguranza do Estado en prisións, comisarias, centros de retención de migrantes, etc., en cumprimento da legalidade vixente, tanto a estatal como a internacional.

 

Acció dels Cristians per l'Abolició de la Tortura
Alerta Solidària
Asociación de Seguimiento y Apoyo a Pres@s en Aragón (ASAPA)
Asociación APOYO
Asociación Érguete
Associaçaõ Contra a Exclusão pelo Desenvolvimento
Asociación Contra la Tortura
Asociación Libre de Abogados
Associació Memòria Contra la Tortura
Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía
Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos)
Centro de Asesoría y Estudios Sociales
Centro de Documentación Contra la Tortura
Concepción Arenal
Coordinadora Antirepressiva de Gràcia
Esculca (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades)
Federación de Asociacións de Loita contra a Droga
Fundación Érguete
Movemento polos Dereitos Civis
Observatori del sistema penal i els drets humans
SalHaketa (Bizkaia)
SalHaketa (Araba)
Torturaren Aurkako Taldea
Torturaren Kontrako Taldea
Voluntariado Penitenciario
Xusticia e Sociedade

 

ASOCIACIÓNS QUE DAN O SEU APOIO

 








 

DOCUMENT0S

 

Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura, aprovadopola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (18 de Decembro de 2002)
Protocolo de Istambul-Manual para a investigación e documentación da tortura (agosto de 1999)
Convención contra a tortura das nacións Unidase la ONU (10 de novembro de 1984)
Recomanacións das Nacións Unidas para o Estado Español (19 de novembro de 2002)
Relatório do Relator Especial para a Tortura das Nacións Unidas, Theo van Boven (6 de Febreiro de 2004)
Terceiro Relatório do Relator Especial sobre a cuestión da tortura e outros tratamentos ou penas cruéis, desumanos ou degradantes (1 de Setembro de 2004)

 

 

INSTANCIAS CONTRA A TORTURA

 

Tribunal Europeo de los Derechos del Hombre
Amnistia Internacional
Human Rights Watch
Comité contra la Tortura de la ONU